A rocha, do tamaño dunha montaña e 5 km de diámetro, alcanzará a mínima distancia ao noso planeta a mañá do mércores.
Tutatis (Toutatis), un asteroide moi ben coñecido polos astrónomos, achegarase á Terra o próximo mércores 12 de decembro.
A impresionante rocha, non supón ningún perigo, xa que na súa máxima aproximación, que sucederá minutos antes das oito da mañá, situarase a 6,9 millóns de quilómetros do noso planeta (18 distancias lunares), unha distancia que pode deixarnos tranquilos.
Non é a primeira vez que pasa a saudarnos. En realidade, faino cada catro anos por estas datas e noutras visitas aproximóusenos moito máis. Por exemplo, en 2004 tivémolo a tan só 1,55 millóns de quilómetros, cando mesmo puido verse con pequenos telescopios, algo tan extraordinario que non se repetirá ata 2652...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario