O venres pasado os dous satélites recibiron a orde de descender para impactar na superficie lunar. Poñíase fin así á misión destas dúas sondas xemelgas debido ao pouco carburante que lles quedaba nas súas reservas.
Nunha manobra deseñada con precisión, cincuenta minutos antes do impacto as naves acenderon os seus motores ata que o combustible se esgotou. A primeira en tocar o chan lunar foi Ebb seguida 30 segundos despois por Flow, a unha velocidade de máis de 6000 Km/h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario