SLIDER

jueves, 13 de diciembre de 2012

As válvulas do corazón

As válvulas do corazón ou válvulas cardíacas encóntranse nos condutos de saída das catro cavidades do corazón onde cumpren a finalidade de deixar pasar o sangue na dirección correcta, evitando que esta flúa cara a atrás

A súa función é poder manter illado por un instante o fluxo sanguíneo nalgunha das catro cavidades

Coas diferentes contraccións do corazón, contráense tamén nunha secuencia determinada as catro cavidades, bombeando o sangue nunha dirección. 

Sen as válvulas, o sangue volvería á cavidade despois da contracción, co cal o corazón non cumpriría a súa función.




No hay comentarios:

Publicar un comentario