SLIDER

miércoles, 9 de octubre de 2013

200 días sen pousarse


Do oeste africano ao centro de Europa: a ruta migratoria é habitual en moitas especies de aves, pero a novidade é que, por primeira vez, se puido demostrar que polo menos tres exemplares de birrio real (Tachymarptis melba) dedicaron 200 días ao percorrido, e que o fixeron sen pousarse. 
Todas as actividades, incluído durmir, fixéronse no aire, sinala o equipo dirixido por Erich Bächler, do Instituto Ornitolóxico de Suíza, nun artigo publicado en Nature Communications.

O traballo fíxose seguindo uns emisores nos animais que recollían a actividade das aves, e así púidose verificar que non deixaban de axitar ou non planear nin un momento. 
Ata agora, afirman os zoólogos, esta actividade continuada só documentárase en animais mariños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario