SLIDER

sábado, 12 de octubre de 2013

A Falla de "San Andrés" (EEUU)

Ao longo do Tema 2 de Xeoloxía de 4º de ESO, estudaremos as manifestacións externas que xorden da enerxía interna do no noso Planeta. Un exemplo son as Fallas; a máis grande do Planeta é Falla de San Andrés.

A falla de San Andrés está situada nunha gran depresión do terreo nunha área límite transformante, con desprazamento dereito entre a placa Norteamericana e a placa do Pacífico. Esta falla transformanteé famosa por producir grandes e desvastadores terremotos. Ten unha lonxitude de aproximadamente 1286 km e pasa a través do estado de California, en Estados Unidos, e de Baixa California en México.

Debido a que a placa do Pacífico penetra polo golfo de California e cara ao norte da falla de San Andrés, nos próximos 50.000 anos a península de Baixa California separarase de México e, convertida nunha illa, desprazarase cara ao norte. Calcúlase que chegará fronte a Alaska nuns 50 millóns de anos. Cada ano aproximadamente a península de Baixa California sepárase 6 cm.



No hay comentarios:

Publicar un comentario