SLIDER

domingo, 24 de mayo de 2015

POR QUE OS BEBÉS NACEN CON OLLOS AZUIS E LOGO OS PERDEN?


Todos os bebés caucásicos nacen cos ollos azulados ou agrisados. Isto débese á baixa presenza de melanina na parte anterior do iris. Conforme se van expoñendo á luz do Sol, os melanocitos desta membrana comezan a producir este pigmento, o que fai que a cor de ollos comece a cambiar cara á cor que terá definitivamente

Aos tres anos de idade, aproximadamente, é cando o bebé alcanzará o 50% da pigmentación.

Hai varios xenes implicados neste proxecto. O OCA2 é outro responsable da cor de ollos, concretamente do marrón e do azul nun 74%. Os ollos claros, como verdes ou pardos, teñen unha menor cantidade de melanina. Pola contra, os ollos negros ou marrons concentran unha maior cantidade deste pigmento. 

Se aínda así sentes curiosidade por saber de que cor terá o teu fillo os ollos, podes acceder á web da Universidade de Standfordthetech.org, onde che axudarán a predicir con varios parámetros que cor será o definitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario