SLIDER

viernes, 8 de mayo de 2015

A NASA grava uns sons “misteriosos” no bordo do espazo



A NASA vén de facer públicos uns “misteriosos infrasóns” que foron gravados no bordo do espazo, a 36 km sobre a superficie terrestre. A captura foi tomada con micrófonos infravermellos instalados nun globo experimental lanzado por un estudante da axencia espacial estadounidense, Daniel Bowman, da Universidade de Carolina do Norte.


Para capturar estes ruídos, Bowman lanzou micrófonos infravermellos nun globo de helio sobre os estados de Novo México e Arizona, nos Estados Unidos, o 9 de agosto de 2014, como parte do estudo ‘High Altitud Student Plataform (HASP)’. Durante 9 horas, o globo desprazouse 725 quilómetros a través da superficie da Terra e alcanzou unha altura de máis de 37.500 metros. Ningún experimento de infrasóns chegara antes a estas alturas, segundo recoñecen os expertos.


Esta foi a primeira vez que se fixeron gravacións acústicas na estratosfera en 50 anos, segundo explica Bowman.


As teorías sobre os infrasóns gravados van dende un campo eólico baixo o percorrido do globo, ondas do océano, ondas de gravidade, ata unha simple turbulencia. O proxecto financiado pola NASA planea enviar este mesmo ano outro artefacto para gravar máis destes estraños sons.

No hay comentarios:

Publicar un comentario