SLIDER

sábado, 9 de mayo de 2015

Quimeras para incubar órganos humanos


Na foto en verde, o novo tipo de célula nai, desenvolvéndose dentro dun embrión de rato.

Un novo tipo de células nai descubertas en embrións de ratos e humanos, doados de clonar, cultivar e modificar xeneticamente, imprime hoxe un salto cualitativo á bioloxía do desenvolvemento e á incipiente medicina rexenerativa. Entre os seus múltiples talentos está o de permitir o crecemento de tecidos humanos nun embrión de rato. Son quimeras posibles, e avistan un novo continente biomédico.

O traballo é o terceiro que sae da factoría Izpisúa nas últimas tres semanas: o primeiro publicouse en Cell (un método para corrixir as enfermidades transmitidas pola nai); o segundo en Science (unha clave esencial do envellecemento humano); e o de agora no artigo principal de Nature, co que o laboratorio do investigador español no Instituto Salk de California se apunta as tres medallas olímpicas da ciencia á vez.

Os verdadeiros conflitos están aínda por chegar. Un rato con estruturas humanas que inclúen as tres capas xerminais é unha cousa, e producir en porcos órganos e tecidos humanos para transplantes é outra. Pero ese é o obxectivo final de Izpisúa e os seus colegas, e os experimentos preliminares de laboratorio xa están en marcha. As dificultades técnicas, neste caso, palidecen fronte aos escollos éticos e legais, e esta vez non poderán arranxarse engadindo unha frase á investigación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario