SLIDER

jueves, 28 de mayo de 2015

Descobren unha peza clave na orixe da vida

A orixe da vida provén dunha única célula. Isto é algo que promove a comunidade científica mundial dende hai varios anos, pero ata agora a explicación da evolución dos seres vivos ten algúns baleiros. Unha destas pezas claves do crebacabezas foi descuberto esta semana por un equipo liderado pola Universidade de Uppsala, Suecia: o microbio Lokiarchaeota.



O descubrimento deste novo microbio permite comprender como miles de millóns de anos atrás, estes simples microbios deron lugar ás células complexas que hoxe conforman aos seres vivos.
A investigación, que contou coa participación da Universidade de Bergen, de Noruega, se publicou na revista Nature, e sostén que este novo grupo de microorganismos é clave para a transición cara á vida, xa que "Loki representa unha forma intermedia entre as células simples e as células eucarióticas complexas", asegura Thijs Ettema, doutor en Microbioloxía de Uppsala.

Este descubrimento resultou tan revolucionario como o realizado polo biólogo Carl Woese nos anos 70', dos microorganismos coñecidos como "arqueas", outras das pezas do crebacabezas da vida.

Non obstante, Ettema advirte que "aínda hai moito por descubrir, e estou convencido de que nos veremos obrigados a revisar os libros de texto de Bioloxía con máis frecuencia nun futuro próximo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario