Vortex Bladeless é unha startup española que conta cun único pero peculiar producto:unha turbina eólica sen aspas. A idea, que de entrada soa tan inverosímil como un auto sen rodas ou un avión sen ás, conseguiu a atención de centos de enxeñeiros, sobre todo de Boston, onde actualmente se encontran operando.
O dispositivo de Vortex é un cilindro vertical de fibra de vidro en forma de cono, cunha estrutura lixeira, pero ríxida, a cal converte as brisas e os ventos en enerxía eléctrica. As turbinas de Vortex conseguen prescindir das clásicas aspas dos muíños grazas ao fenómeno da vorticidade, do que toman o seu nome. A vorticidade é un efecto aerodinámico que produce un patrón de vórtices que xiran.
Pero as turbinas da compañía non son só peculiares polo seu deseño, senón que permiten unha diminución dos custos do proceso de fabricación nun 53%.
Pero as turbinas da compañía non son só peculiares polo seu deseño, senón que permiten unha diminución dos custos do proceso de fabricación nun 53%.
O prototipo actual permite que o mastro vibre tanto como sexa posible (un aumento de masa reduce a frecuencia natural). Na base do cono colócanse dous aneis, os cales actúan como unha especie de motor non eléctrico. Cando o cono oscila, os imáns de repulsión tiran del na outra dirección, cun lixeiro empuxón para impulsar o movemento do mastro independentemente da velocidade do vento.
Espérase que no 2016 se lance unha versión pequena de 12 metros, pero os investigadores pretenden elaborar estruturas de ata 100 metros para o 2018.
No hay comentarios:
Publicar un comentario