lunes, 18 de mayo de 2015
Científicos crean novos materiais para a enxeñaría de tecidos
Científicos da Universidade Politécnica de Tomsk (UPT), en Rusia, están a desenvolver novos materiais para a substitución e a rexeneración de tecidos biolóxicos, un dos campos máis prometedores da medicina.
As primeiras probas clínicas dos revestimentos desenvolvidos na UPT demostran a súa eficacia, dixo o catedrático Serguéi Tviordojlébov, xefe do proxecto.
"Tratamentos experimentais no Centro Ilizárov (unha das máis renomeadas clínicas traumatolóxicas de Rusia) con emprego destes materiais mostran que a rexeneración ósea en casos de alongamento de fémur é o dobre de rápido que cos que se utilizaban ata agora", explicou.
Os novos revestimentos son obtidos co emprego de tecnoloxías láser e de baleiro e, segundo Tviordojlébov, poden ser utilizados tanto nos implantes tradicionais coma en matrices para a rexeneración de tecidos.
Ademais, serven para a creación de sistemas de administración localizada de fármacos, unha novidosa técnica que permite liberar e dodificar os axentes terapéuticos en lugares moi precisos do organismo.
Os traballos desenvolvidos baixo a xefatura de Tviordojlébov son só un dos proxectos de investigacións aplicadas que se levan a cabo na Universidade Politécnica de Tomsk e que abranguen campos que van da robótica ata as nanotecnoloxías.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario