SLIDER

miércoles, 20 de mayo de 2015

Galicia creou case un cento de spin-off universitarias, que xeran emprego e transfiren tecnoloxía


Converten coñecemento en economía. Xeran emprego. E fan rendible a investigación. As spin-off, as empresas que xorden dos laboratorios das universidades, toman gran protagonismo. En 2000, só había en España 18 spin-off universitarias. Actualmente, hai máis de mil. O que demostra o seu pulo.

A Universidade de Santiago creou 44 spin-off, mentres que en Vigo foron constituídas case 30, por unha decena na Coruña, incluíndo as empresas de base tecnolóxica. Ademais, as spin-off universitarias son boas xeradoras de emprego. De feito, a través delas e das start-up (as empresas que se instalan en viveiros universitarios), só a Universidade de Vigo xerou 618 postos de traballo. E a de Santiago calcula máis de 400. Algúns casos significativos son Galchimia, de Santiago, que dá traballo a 25 persoas, e Innolact, radicada en Lugo, que ten 12 empregados, unha facturación millonaria e unha constante evolución.

Ás spin-off hai que sumar as ‘start up‘, empresas que nacen dos viveiros universitarios. En 2013, apareceron 18 novas empresas con esta fórmula (7 en Vigo, 10 en Santiago e 1 na Coruña). Na última década, calcúlase que máis de 300 empresasxurdiron no conxunto das tres universidades galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario