domingo, 3 de mayo de 2015
Descobren unha molécula que podería previr os síntomas da asma
Un equipo de investigadores do Sanford-Burnham Medical Research Institute de Orlando (EUA) descubriu unha molécula que podería previr os síntomas provocados pola asma, a enfermidade crónica que inflama e estreita as vías respiratorias e os pulmóns, provocando problemas respiratorios recorrentes.
As persoas asmáticas adoitan ser máis sensibles aos alérxenos ambientais como o pole, o po ou o fume, cuxa exposición produce inflamación, mucosidade e obstrución das vías respiratorias. Agora, grazas a esta investigación, a pesar de non existir unha cura para esta enfermidade, si sería posible un novo tratamento específico para controlar os ataques de asma.
Para o experimento, os investigadores utilizaron ratos de laboratorio nos que probaron varias moléculas sintéticas. Descubriron que...ler máis
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario