martes, 12 de mayo de 2015
Bacterias que crean biodiésel
Entrevista a David Bolonio, investigador da Universidade Politécnica de Madrid cuxo obxectivo é avanzar na produción de biodiésel a partir da bacteria 'Escherichia coli'.
Pregunta. O seu obxectivo é avanzar na produción de biodiésel a partir da bacteria Escherichia coli. Que persegue con este proxecto?
Resposta. Os obxectivos son o coñecemento das propiedades do biodiésel xerado a partir da bacteria Escherichia coli e a modificación xenética da devandita bacteria para mellorar as propiedades do combustible obtido, ademais de conseguir que poida ser alimentada por materia lignocelulósica. A curto prazo, perséguese avanzar na investigación de biocombustibles de última xeración. O camiño a percorrer é longo, pero como obxectivo final pretendemos proporcionar ao mercado un combustible económico, que teña baixas emisións de dióxido de carbono e que remate coa dependencia enerxética que teñen países como España e, polo tanto, se poida xerar coa materia prima do propio país. Non obstante, en investigación sempre hai que ter en conta que as técnicas e o coñecemento conseguido investigando sobre un tema concreto son case sempre aplicables a outros problemas. Por exemplo, hai uns días lía un artigo sobre a medición de oligosacáridos de ouriños en pacientes con varias enfermidades de almacenamento de glicoproteínas. Sería algo longo de explicar por que o estaba a ler, pero o fundamental é que a súa lectura axudou na miña investigación e dubido que o autor, cando o escribiu en 1974, pensase que o ía ler eu, que investigo a xeración de biodiésel a través dunha bacteria. A investigación levada con rigor é a forma de avanzar, e aínda que en ocasións se teñen serias dúbidas da utilidade do que se está a investigar, deben ser novos impulsos para continuar traballando.
Ler máis...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario