SLIDER

viernes, 17 de julio de 2015

Observado, por primeira vez, un pentaquark


O Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) acaba de anunciar un descubrimento longamente esperado. Trátase de toda unha nova categoría de partículas fundamentais, os pentaquarks, cuxa existencia foi predita fai xa varias décadas pero que ninguén conseguira ver, ata agora, nun laboratorio. 
A observación dos pentaquarks levouse a cabo no LHCb, un dos catro grandes experimentos do Gran Colisionador de Hadrones LHC. No equipo, que xa enviou un artigo a Physical Review Letters, participaron investigadores de distintos centros españois, como a Universidade de Barcelona (UB), a Universidade Ramón Llull (URL), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Física Corpuscular (IFIC, CSIC-UV).

«O pentaquark non é unha nova partícula calquera -afirma nun comunicado Guy Wilkinson, voceiro do LHCb-. De feito representa unha forma de agrupar quarks, que son os constituíntes fundamentais dos protóns e neutróns ordinarios, nun patrón que nunca se observou antes en máis de cincuenta anos de investigacións experimentais. Estudar as súas propiedades pode levarnos a entender mellor como a materia ordinaria, os protóns e os neutróns dos que estamos feitos, está constituída».

No hay comentarios:

Publicar un comentario