SLIDER

viernes, 31 de julio de 2015

A árbore das 40 froitas



O profesor da Universidade de Syracusa (Nova York, Estados Unidos) e artista, Sam Van Aken, usou unha antiga técnica de enxerto, pola cal creou árbores que poden dar dar máis de 40 tipos diferentes de froitas de óso, incluíndo melocotóns, nectarinas, albaricoques e améndoas, informou o blog especializado en ciencias IFL Science.

En primavera, do coñecido como «Árbore das 40 froitas», xermolan froitos rosas e púrpuras. No verán, comezan a xermolar froitos de todos tipos.

En concreto, o proceso de enxerto require de importantes dósis depacienciae implica cortar un parte dunha rama cun brote proveniente dunha das variedades na que esteamos interesados, e inserila dentro dunha fenda da denominada «árbore de traballo». O que se faría envolvéndoo cunha fita adhesiva ata que cicatrice e comece a dar brotes, e crecer na súa nova rama. Este profesor da Universidade de Syracusa repetiu o proceso en varias ocasións durante anos, engadindo anacos de ramas de diferentes variedades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario