SLIDER

sábado, 1 de agosto de 2015

Crean electricidade en México a partir do principio de Arquímides



A firma mexicana Gammakat aplicou a lei de pulo hidrostático do filósofo grego Arquímides nunha planta de enerxía renovable denominada Kinetic Power Plant, a cal produce ao día 115 kilowatios-hora, informa Una capacidade abondo para abastecer de electricidade a unha serie de 10 casas de mediano tamaño, oficinas ou pequenas comunidades rurais, sen a necesidade de instalar infraestrutura eléctrica, informa a web especializada en cienciawww.alphagalileo.org.

A empresa con forte presenza en Mérida, México, aproveita o tamén chamado principio de Arquímedes para xerar enerxía cinética e convertela en eléctrica. O fundador da firma, Uwe Heinrich Rolli, afirmou que «de acordo coa lei, todo corpo somerxido en auga experimenta unha forza ascendente chamada pulo, equivalente ao peso do fluído desaloxado polo obxecto. Este feito é comprobable ao meter unha pelota nun estanque e esta sae disparada cara a arriba».

A Kinetic Power Plant está composta por un tanque de auga que contén un mecanismo de rotación continua similar ao sistema de tracción dunha bicicleta, onde en lugar de pedalear e xirar os engrenes, recórrese a cilindros de aceiro con orificios que permiten o intercambio de aire por auga para moverse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario