jueves, 13 de agosto de 2015
Como converter en enerxía os residuos dunha plantación de kiwis
Por cada 100 quilos de froita que se obteñen nunha plantación de kiwis xéranse outros 83 de restos de poda, que, polo xeral, rematan converténdose en refugallo, ao igual que acontece co 23% da froita colectada. Non obstante, o que os produtores tratan hoxe como residuos son tamén unha posible fonte de enerxía, xa que ambos poden transformarse en biocombustibles, como sostén o investigador Rubén Rodríguez na túa tese de doutoramento da Universidade de Vigo, na que estuda diferentes métodos para a súa conversión en biomasa ou o seu uso para a produción de etanol.
De feito, tras analizar os datos de produción nos cinco principais países produtores de kiwis no mundo e en España, Rodríguez concluíu que nestes países desperdícianse de media unhas 237.000 toneladas de froita que, ben por defectos ou ben por non adaptarse aos “valores comerciais”, non serían comercializadas, e 695.000 de restos de poda, que poderían converterse nun combustible cun rendemento enerxético que equivalería no seu conxunto ao uso de máis de 400 millóns de litros de gasolina, segundo informa Eduardo Muñiz no Duvi.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario