SLIDER

viernes, 14 de agosto de 2015

Conta atrás para lanzar o satélite Serpens á Estación Espacial Internacional



Arranca unha nova conta atrás para os membros da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, que o vindeiro 16 de agosto vivirán o que será o terceiro envío ao espazo, neste caso á Estación Espacial Internacional, dun satélite fabricado, desta volta, parcialmente por eles. 
Despois de Xatcobeo e Humsat, Serpens supón, en palabras en Fernando Aguado, coordinador da Agrupación Aeroespacial “a consolidación da internacionalización das nosas actividades”, que de Vigo, pasaron a desenvolverse hai agora dous anos, tamén en Brasil, onde a Agencia Espcial Brasileira puxera en marcha o proxecto Serpens (Sistema Espacial para Realización de Pesquisa e Experimentos com Nanossaátelites), coa participación de alumnado dos institutos e universidades brasileiras: Federal de Santa Catarina, Minas Gerais, Federal do ABC e o Instituto Federal Fluminense, ademais das universidades de Vigo, Morehead State University e California State Polytechnic de EEUU e a Sapienza Università di Roma de Italia.

Diego Nodar, Alberto González e Antón Vázquez son, baixo a dirección de Fernando Aguado, tres dos rostros da Universidade de Vigo que participan nunha experiencia, que estes enxeñeiros, que se desprazaron a Brasil para a integración e test de todo o satélite na última fase do proxecto, cualifican de “moi positiva” e da que valoran especialmente “a colaboración co equipo de Brasil. Ata o de agora os proxectos nos que estivemos involucrados foron desenvolvidos enteiramente na Universidade de Vigo e non tiveramos a oportunidade de traballar con outros equipos de xeito continuado e isto permitiunos ver outras formas de traballar, mellorar cousas e tamén, por suposto, darnos conta do que facemos ben”, explica Diego Nodar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario