SLIDER

jueves, 6 de agosto de 2015

Investigan se o aceite e as proteínas dos mosquitos poden servir para fabricar alimentos



«O proxecto xurdiu porque hai cinco anos tivo lugar un boom de empresas holandesas, que cultivan insectos para consumo», explicou a doutora mexicana Daylan Tzompa-Sosa que forma parte deste grupo de científicos. 
A investigadora engadiu que as citadas compañías tiñan a idea de producir proteínas alternativas ás carnes vermellas, pois a crianza de gando xera unha gran cantidade de contaminantes. Mentres que os insectos son cultivados dunha forma sostible co medio.

Ao respecto, Tzompa-Sosa afirmou que «o holandés non está afeito a comer grilos ou vermes, polo que distintas firmas se dedicaron a illar as proteínas, para usalas como un ingrediente en po que se pode sumar aos alimentos».

O equipo de investigación no que traballa a científica mexicana, quen tamén esta licenciada en Enxeñaría Agrónoma polo Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores Monterrey (ITESM), pretende saber se a graxa dos insectos pode ser usada como un ingrediente para produtos de panadaría e repostaría, xeados e aderezos, xa que ten un alto contido de omega 3.

No hay comentarios:

Publicar un comentario