SLIDER

domingo, 23 de agosto de 2015

Galicia, reserva da Biosfera


Galicia é un pequeno gran prodixio da natureza
A cuarta parte da súa superficie, 7.326 dos seus 28.000 quilómetros cadrados, está declaradoReserva da Biosfera. É así unha das rexións da Terra con máis espazos protexidos pola Unesco: Área de Allariz, As Mariñas e Terras do Mandeo; Gerês-Xurés (compartida con Portugal); Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Burón; e Terras do Miño.

O Programa Home e Biosfera foi iniciado pola Unesco en 1971. Busca o desenvolvemento sostible e identifica territorios representativos dos diferentes hábitats do planeta, abranguendo tanto ecosistemas terrestres como marítimos. Estes lugares ou áreas coñécense como reservas da biosfera. E selecciónanse polo seu interese científico, baseándose nunha serie de criterios que determinan se un espazo se inclúe no programa.

Galicia, coas súas 6 reservas, destaca a nivel planetario. Porque España é o segundo país do mundo en reservas da Unesco, con 45 fronte ás 47 de Estados Unidos. E Galicia é a terceira Comunidade con máis espazos protexidos. É superada por Andalucía (9) e Castela e León (8), pero ambas as dúas con moita máis extensión xeográfica. Canarias (6) iguala o rexistro, pola singularidade dunhas illas que reúnen varios de ecosistemas únicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario