martes, 11 de agosto de 2015
Grelos e verzas contra o cancro e o envellecemento
O estudo é a tese doutoral realizada por Tamara Sotelo Pérez na Misión Biolóxica de Galicia, en Pontevedra, un centro pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O traballo avanzou no coñecemento dos xenes implicados na síntese e regulación de compostos biosaludables nas brásicas e observou que as follas destes cultivos posúen maior capacidade antioxidante e os brotes maior concentración de glucosinolatos, que son anticanceríxenos.
Estes resultados, que se publicaron en revistas científicas de impacto como “Plos One“, apuntan cara á recomendación dun consumo habitual de brásicas que inclúa diferentes partes destas e abren novas posibilidades para programas de mellora xenética enfocados a incrementar a calidade nutricional destes cultivos a través da modificación tanto do contido de glucosinolatos coma de compostos antioxidantes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario