SLIDER

sábado, 22 de agosto de 2015

Santiago mantense entre as 500 mellores universidades do mundo



A Universidade de Santiago mantense un ano máis entre as 500 mellores universidades do mundo segundo a avaliación anual do Academic Ranking of World Universities (ARWU), clasificación que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai. 

Por grandes áreas de coñecemento, a USC continúa figurando entre as 200 universidades de todo o mundo máis influíntes na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, concretamente no intervalo 150-200, e entre as 100 mellores institucións universitarias no eido das Mátemáticas. 
As universidades da Coruña e de Vigo non aparecen no ránking, ao estar situadas por baixo das 500 de primeira liña mundial.




De entre as mellores do mundo, este ránking sitúa un total de trece universidades españolas. A de Santiago figura no intervalo 401-500 xunto á Politécnica de Cataluña, Sevilla, País Vasco e Zaragoza. Tamén destacan a de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Complutense de Madrid, Pompeu Fabra, Politécnica de Valencia, Granada e Valencia.

Das 200 universidades máis destacadas na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, Santiago é das catro mellor posicionadas, a continuación da Autónoma de Madrid e Valencia e no mesmo rango que Barcelona.


No campo específico das Matemáticas a de Santiago sitúase entre as cen universidades máis destacadas do mundo segundo ARWU. Das españolas, consegue unha mellor posición a Autónoma de Madrid (51-75), seguida da USC e Politécnica de Valencia que se sitúan no intervalo 76-100.

No hay comentarios:

Publicar un comentario