SLIDER

sábado, 8 de agosto de 2015

A NASA publica a imaxe máis «épica» da Lúa mentres cruza a Terra

«Épica». Non se lle ocorreu un adxectivo mellor á NASA para describir a última imaxe obtida polo satélite Deep Space Climate Observatory (DSCOVR). Trátase dunha serie de fotografías única, xa que se pode apreciar completamente iluminada a cara oculta da Lúa, a zona que nunca se pode observar dende a Terra.

A escena fotografouse grazas á Cámara de Imaxes Policromáticas da Terra (EPIC, polas súas siglas en inglés) de catro megapixeisCCD instalada no satélite (DSCOVR) que orbita a máis dun millón de quilómetros da Terra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario