domingo, 9 de agosto de 2015
Descobren seis novas especies de dinosauros ao sur dos Pireneos
O paleontólogo Philip J. Currie. da Universidade de Alberta(Canadá) e os españois José Ignacio Canudo e Xavier Pereda- Superbiola publicaron un estudo en «Acta Paleontologica Polonica» no que concluíron que a diversidade de dinosauros terópodos en oito localidades españolas do condado de Treviño, Huesca e Lleida, era catro veces superior á coñecida previamente.
En concreto, tras o estudo de 142 pezas dentais do períodoCampaniaense - Maastrichtiense ( entre fai 83 millóns e 64 millóns de anos aproximadamente) suxeriu a presenza de seis especies máis (ata agora deste período e lugar sabíase de dous) deterópodos dentados máis na rexión estudada. Unha delas tería un gran tamaño e as demais bastante menores. Os terópodos son unha suborde de dinosauros saurisquios que viviron no Triásico Superior (228 millóns de anos aproximadamente) e antecesores afastados das aves modernas.
Os autores do estudo, aparecido en agosto deste ano e titulado «Terópodos del Cretácico Superior de la Cuenca Sur dos Pireneos», examinaron un das partes máis pequenas do fósil para poñer algo de luz ao proceso de evolución dos dinosauros no final do Cretácico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario