sábado, 15 de agosto de 2015
Netex: unha factoría dixital para a formación e a educación
España, Reino Unido, India, México e, proximamente, Estados Unidos. A empresa galega Netex continúa a súa expansión internacional na aplicación das novas tecnoloxías dixitais ó mundo da formación. E faino, ademais, avalada polo Ministerio de Economía y Competitividad, que acaba de concederlle a acreditación como PEME innovadora. A clave: o seu desexo permanente de innovar –incorporando novo software e tecnoloxías para que a formación dixital forme parte do proceso natural de aprendizaxe– e unha aposta clara e decidida pola creatividade e o talento.
Netex é unha factoría dixital de coñecemento que consolidou un ecosistema de produtos e servizos para a formación baseados na nube. O seu nicho de mercado son empresas, editoriais e institucións de países de todo o mundo, ás que ofrece toda unha variedade de solucións que inclúen apps para a formación en mobilidade, plataformas para xestionar todo tipo de formación (presencial, online e semipresencial), soluciónss en contidos de catálogo ou a medida e ferramentas autoras para a autoedición. A súa lista de súa lista de clientes acredita o labor dos seus consultores, deseñadores instrucionais e gráficos e enxeñeiros, cuxa alta capacidade de traballo se traduciu no ano 2014 en máis de 25.000 actividades e máis de mil horas de contidos persoalizados. E a súa lista de premios e recoñecementos ilumina o traballo que se desenvolve nas oficinas da empresa galega na Coruña, Madrid, Newbury, Pune e México D.F. e nas da súa sólida rede de socios estratéxicos en países como Suecia, Alemaña, Irlanda, Italia, Holanda, Nova Zelandia, Australia o Uruguai. Baste como exemplo o lustre internacional acadado nos prestixiosos Learning Awards –organizados polo Learning and Performance Institute (Reino Unido)–, como finalista na categoría “Provedor de e-learning do ano” na edición de2015 e o bronce obtido na categoría “Desenvolvedores de e-learning do ano” en 2014.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario