57 anos despois de que Laika rematase desintegrada na atmosfera e no medio dun clima moito máis pacífico, os astronautas xa poden vivir no espazo.
Tres deles reuníronse este luns en torno a un aparato do tamaño dunha pequena neveira, a bordo da Estación Espacial Internacional (EEI) para tomar un pequeno aperitivo. As súas caras, conxestionadas pola escasa gravidade, estaban iluminadas por unha luz violácea que proviña dun estraño invernadoiro no que crecían seis plantas de leituga romana.
Despois de obtelas e aliñalas con aceite e vinagre, un deles probouna e sentenciou: «Está incrible». Ademais de degustar a ensalada máis cara da historia, aquel astronauta convertérase nun dos primeiros home en comer un alimento cultivado máis alá da Terra.
«Se queremos viaxar máis lonxe e durante máis tempo polo espazo, necesitamos cultivar plantas para alimentar as tripulacións», explicou Gioia Massa, unha das científicas que dirixiu o experimento, chamado «Veggie-1».
«Se queremos viaxar máis lonxe e durante máis tempo polo espazo, necesitamos cultivar plantas para alimentar as tripulacións», explicou Gioia Massa, unha das científicas que dirixiu o experimento, chamado «Veggie-1».
Á hora de xustificar o desenvolvemento deste programa, a investigadora tamén destacou a importancia dos vexetais na reciclaxe dos nutrientes e na estabilidade psicolóxica dos tripulantes, unhas persoas que están confinadas durante meses nunhas estanzas repletas de aparatos eléctricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario