SLIDER

domingo, 30 de agosto de 2015

Algunhas claves para gozar da «superlúa» deste fin de semana


As noites do 29 e 30 de Agosto poderemos observar, no ceo, unha lúa un pouco máis grande e brillante do habitual. O que popularmente se coñece como a «superlúa», e que vén a culminar un mes moi interesante para os afeccionados á astronomía: Por exemplo, os días 12 e 13 de agosto, tiveron lugar as xornadas de maior actividade das Perseidas que cruzaron o horizonte e se puideron observar mellor este ano grazas a unha Lúa minguante.

Por que se produce?
A «superlúa» ten lugar, cando na súa órbita elíptica, o noso satélite alcanza o punto máis próximo á Terra («Perixeo»), en palabras do director do Planetario de Pamplona Javier Armentia, a unha distancia duns 357.000 quilómetros. A maior distancia entre a Lúa e nós prodúcese no «Apoxeo», cando se afasta ata uns 407.000 quilómetros da Terra.

Neste sentido, o presidente da Asociación Astronómica de España,Miguel Gilarte, destacou que a diferenza entre o punto máis próximo da Lúa á Terra e o máis afastado hai unha diferenza duns 50.000 quilómetros, mentres que de media nosa satélite se encontra a 384.000 km de nós. Gilarte tamén recordou «que ao longo do ano hai varias superlúas», xa esta tarda en dar unha volta completa arredor do noso planeta aproximadamente 28 días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario