SLIDER

lunes, 24 de agosto de 2015

O láser que calcula a masa forestal



A Cátedra Ence iniciou un proxecto de investigación baseado na aplicación da tecnoloxía láser para a medición da madeira existente nas masas forestais. Esta innovadora tecnoloxía, denominada LiDAR, consiste en realizar inventarios forestais sobre a base da emisión/recepción de raios láser nunha parcela forestal determinada.

A Comisión da Cátedra Ence, posta en marcha coa Universidade de Vigo, tomou a decisión de apostar pola investigación do uso da tecnoloxía LiDAR na súa reunión semestral de seguimento. Esta tecnoloxía baseada no uso do láser permite desenvolver modelos predictivos sobre os principais parámetros dos montes arborados. Deste modo, obtense información clave para a xestión destas masas forestais e os seus potenciais aproveitamentos sostibles.

A tecnoloxía LiDAR, cuxos usos tamén están a ser desenvolvidos en países como Estados Unidos, Canadá ou Escandinavia, representa o paso de técnicas de inventario forestal do século XIX ás do século XXI. Ademais, supoñerá a base da avaliación dos recursos forestais de calquera territorio, sendo extremadamente útil na toma de decisións sobre política forestal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario