SLIDER

martes, 21 de julio de 2015

Ciencia e arte combínanse no MUNCYT nunha mostra sobre contaminación do mar


A sede coruñesa do MUNCYT ofrece do 8 de xullo ao 27 de setembro, "Mare plasticum - Peixes de plásticos", unha mostra sobre a contaminación do mar por materiais de plástico e as súas consecuencias ambientais: enredo, inxestión de plásticos, mortaldade de especies, toxicidade, etc. O seu obxectivo é dar a coñecer o devandito problema e sensibilizar o público.

A exposición consta dunha serie de obras artísticas realizadas con lixo de plástico recollido nas praias de Galicia polos autores,Wolfgang Trettnak e Margarita Cimadevila. Acompáñanse de información sobre os perigos relacionados con estes refugallos mariños. Comics, móbiles, posters e videos completan a mostra.
Estímase que os océanos do mundo están contaminados por ao redor de 300.000 toneladas de plástico.
Con actividades como esta exposición, os autores queren sensibilizar á sociedade para que comprendan o alcance deste tipo de contaminación no medio.

"Mare plasticum - Peces de plásticos" está a ter ampla difusión e alcance, grazas á relevancia internacional e afluencia de público dos centros nos que se exhibe, como o Museo Oceanográfico de Mónaco (febreiro/marzo 2015), o Centro Europeo para a Investigación Nuclear, CERN, Xenebra, Suíza (maio/xuño 2015) e agora, no MUNCYT da Coruña (xullo/agosto/setembro 2015). Así mesmo participará na exposición de caracter mundial "On sharksand humanity" en agosto/setembro 2015 no Museo Nacional de China en Beijing. Na imaxe, "O xardín submarino".

No hay comentarios:

Publicar un comentario