SLIDER

miércoles, 22 de julio de 2015

Soar Impulse 2 convértese no primeiro avión solar en cruzar o Pacífico


Soar Impulse 2 é un avión solar que se propuxo dar a volta ao mundo realizando varias escalas. O seu último reto significaba ademais bater un récord se o lograba: cruzar o Pacífico e facer o voo máis longo da historia: 118 horas no aire. 
Non houbo que lamentar accidentes nin contratempos técnicos durante o traxecto de Xapón a Hawaii pero a nave saíu un pouco mancada.

Segundo explican voceiros deste proxecto o voo transcorreu sen maiores problemas pero as baterías do avión quedaron danadas. Isto fará que a xira do Soar Impulse 2 se atrase un pouco e terá que quedar uns meses en Hawaii mentres os enxeñeiros reparan todos os elementos que sufriron danos. De momento apuntan a que volverá funcionar na primavera de 2016.

Durante o voo, que durou uns cinco días, as baterías quentáronse demasiado e non había ningún sistema de refrixeración que permitise controlar a temperatura destas. Os danos, di SoarImpulse, non se produciron por un fallo técnico senón por unha falta de previsión xa que non contaban que estes compoñentes se puidesen quentar tan rápido en climas tropicais.
A priori o obxectivo dos enxeñeiros é arranxalas e que SoarImpulse 2 siga coas mesmas baterías coas que comezou a súa ruta. Non obstante, non descartan que haxa que cambialas se os danos son graves. Aínda non se decidiu cal das dúas opcións se tomará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario