SLIDER

domingo, 8 de enero de 2017

As fotos máis arrepiantes do universo



O planeta da escuridade eterna

Se tiveses a posibilidade de viaxar polo noso universo pero teslle medo á escuridade non che aconsellamos que fixeses unha parada neste planeta. Trátase de Tres-2b, un planeta cunha noite perpetua, onde non verás nin un chisco de luz. 
Falamos dun mundo tan escuro que é menos reflector que o carbón ou a pintura acrílica negra, pois se cre que reflicte menos do 1% da luz que chega á súa superficie. É o exoplaneta máis escuro coñecido. 
Este planeta (un xigante de gas que se engloba dentro dos chamados Júpiter quentes) orbita a estrela GSC 03549-02811 que está a 750 anos-luz de distancia.

Preme na imaxe para ver o resto de fotografías.

sábado, 7 de enero de 2017

Que pasaría se a Terra deixase de virar?


A hipótese é pouco realista, pero se a Terra deixase de virar o primeiro efecto sería o fin dos días e as noites. Os días xa non serían de 24 horas, senón dun ano. Os cambios climáticos, ademais, arrasarían o planeta. Pero non é todo. A distribución xeográfica das masas continentais e oceánicas sería diferente.

Sen a forza centrífuga derivada do movemento de rotación, quedaría a forza de gravitación, o que xeraría unha redistribución da gravidade que alteraría o equilibrio dos océanos. Na nova Terra formaríanse dous enormes océanos ao redor dos polos, separados por un único 'continente sobre a liña ecuatorial'. Rexións enteiras serían alagadas. En Europa, só España, Grecia e o sur de Italia emerxerían das augas. A montaña máis alta da Terra sería entón o volcán do Chimborazo, en Ecuador, que actualmente é o punto máis afastado do centro da Terra.

viernes, 6 de enero de 2017

Problema de reparto inversamente proporcional


Tres camareros se reparten 295euros de propinas en partes inversamente proporcionales a los días que faltaron en el trimestre, que fueron 2,5 y 7. ¿Cuánto le corresponde a cada uno?





miércoles, 4 de enero de 2017

Hoxe a Terra acada a súa velocidade máxima


Ás 11:59 hora peninsular (10:59 Tempo Universal). A Terra e o Sol distarán entón 147,1 millóns de quilómetros, uns cinco millóns menos que na súa posición máis afastada, que ten lugar a principios de xullo e denomínase afelio.

Esta "proximidade" ao Sol ten varias consecuencias. Por unha banda, o Sol presentará o seu máximo diámetro aparente visto desde a Terra. E, por outro, a Tierraalcanzará a máxima velocidade na súa órbita. Concretamente desprazarase a 30,75 quilómetros por segundo (110.700 quilómetros á hora). Dous quilómetros por segundo máis máis rápido que no punto da súa órbita máis afastado do sol, o que equivale a 7.164 quilómetros por hora máis rápido. Como media, a Terra móvese a 107.280 quilómetros por hora.


O primeiro en darse conta deste fenómeno foi o matemático e astrónomo alemán Johannes Kepler. Grazas ás notas dun dos seus mestres, o astrónomo danés Tycho Brahe, o observador máis importante do ceo antes da invención do telescopio, Kepler deuse conta de que a órbita que describe a Terra ao redor do sol non é circular, senón lixeiramente elíptica. Isto levoulle a definir a que hoxe se coñece como primeira lei de Kepler

Problemas con porcentajes encadenados



lunes, 2 de enero de 2017

Práctica de Laboratorio Bioloxía 4º ESO - Traballo a presentar

Podedes descargar as instrucións do traballo a presentar se premedes na imaxe.


Cuestionarios sobre las leyes de Newton



Os dejo una serie de recursos online, para repasar las tres Leyes Fundamentales de la Dinámica Clásica; se trata de unos cuestionarios online sobre las mismas.

Pincha en cada enlace para acceder al recurso.









domingo, 1 de enero de 2017

Os grandes avances científicos que chegarán en 2017


Segundo as prestixiosas revistas Science e Nature, 2017 será un ano dominado por noticias de ciencia relacionadas coa astronomía, a física e a biomedicina.

Durante este ano haberá máis oportunidades para detectar por fin ao hipotético Planeta X, un firme candidato a converterse no noveno planeta do Sistema Solar. Ata agora non se puido observar directamente a través dun telescopio, pero as evidencias apuntan a que este corpo tería un tamaño parecido ao de Neptuno e que estaría nunha órbita moi afastada, que percorrería en 20.000 anos terrestres.

A súa existencia propúxose en 2016 a partir dos efectos gravitacionales detectados sobre os corpos do cinto de Kuiper, unha rexión exterior do noso sistema planetario, pero espérase que poida ser achado en tres anos.

Preme na Imaxe para ver os restantes avances previstos.