SLIDER

miércoles, 30 de octubre de 2013

Xeocronoloxía

A Xeocronoloxía é a ciencia que ten como obxecto determinar a idade e sucesión cronolóxica dos acontecementos xeolóxicos na historia da Terra.
Se ocupa así mesmo de establecer as unidades xeocronolóxicas, unidades de tempo discretas, continuas e sucesivas que proporcionan unha escala temporal que cobre toda a historia da Terra. 

A rama da Xeocronoloxía que se ocupa das idades absolutas (medición cuantitativa do tempo) é a Xeocronometría, sempre con certo grao de incerteza inherente aos métodos usados, que son variados e multidisciplinares.



martes, 29 de octubre de 2013

Leyes de los gases. Ejercicios





Tema 3 Bioloxía 4º de ESO

Imos comezar o estudo do Tema 3, no cal faremos unha visión global da historia do noso Planeta, dende a súa formación ata a actualidade.

Coma introducción ao Tema, déixovos este vídeo, onde se resumen 4600 Ma en 24 horas. Interesante reflexionar sobre o tempo que levamos os seres humanos sobre o Planeta...


O Intestino Delgado. Informe

O intestino delgado é a parte do tubo dixestivo que se inicia despois do estómago e acaba no cego do colon. Divídese en tres porcións: duodeno, xexuno e íleo.

O duodeno caracterízase pola súa relación co estómago, fígado e páncreas, pero o xexuno e íleo son máis difíciles de distinguir, e non hai unha separación neta entre ambos.

En xeral, pódense distinguir porque: 

1.- O xexuno ten maior diámetro que o íleo (3 centímetros o xexuno, 2 cm o íleo).
2.- O xexuno ten máis plegues circulares, máis vellosidades intestinais e máis finas, mentres que o íleo ten menos.
3.- En cambio, no íleo os folículos linfoides (placas de Peyer) e a irrigación vascular en forma de arcadas é maior, que no xexuno. Ademais as súas paredes son máis delgadas e menos vascularizadas.




As Encimas Dixestivas

As encimas dixestivas son encimas que rompen os polímeros presentes nos alimentos en moléculas máis pequenas que poidan ser absorbidas con facilidade. 
As encimas dixestivas encóntranse no tubo dixestivo dos animais onde colaboran na dixestión do alimento, así como no interior das células, sobre todo nos lisosomas
Existen encimas dixestivas na saliva, no xugo gástrico, no xugo pancreático e nas secrecións intestinais.


lunes, 28 de octubre de 2013

O Etna entra en erupción e emite linguas de lava sen perigo



No Tema 2 de Xeoloxía en 4º de ESO, estudamos as distintas erupcións volcánicas que se poden dar noso Planeta; un dos volcáns mencionados foi o Etna (Italia), a súa actividade é moi habitual e como mostra déixovos esta nova do sábado 26.

"O volcán Etna, na illa italiana de Sicilia, entrou en actividade a madrugada pasada por un novo cráter aberto no sueste, que emitiu linguas de lava e cinzas e que foron levadas polo vento cara ao sueste, informou o Instituto de Xeofísica e Vulcanoloxía de Catania.

A causa desta erupción do Etna, situado na costa este de Sicilia, entre as provincias de Mesina e Catania e cunha altura de 3.322 metros, o aeroporto de Catania está parcialmente afectado.

A actividade do Etna comezou arredor da media noite, pero as fontes de lava rexistráronse ás 04,50 horas (02,50 GMT)
"...ler máis.

Descobren "Un Mundo Perdido" en Australia


Un gecko coa cola como unha folla, unha lagarta dourada e unha ra que vive nas rochas permaneceron illados durante millóns de anos nunha planicie selvática practicamente fortificada.

Unha expedición de National Geographic e a australiana Universidade James Cook descubriu tres especies de vertebrados novas para a ciencia, que permaneceron illadas do resto do mundo durante millóns de anos nunha remota montaña da Península do Cabo York, no nordés de Australia.

O máis destacado foi o descubrimento do gecko de cola plana con forma de folla, un vertebrado grande (20 cm), «de aspecto primitivo», considerado unha reliquia do antigo continenteGondwana, dunha época en que a selva era máis común en Australia. 
Foi bautizado como Saltuarius eximius, que significa excepcional ou extraordinario, polo diferente que é de todos os seus familiares. Pasa o día escondido nas rochas e de noite sae de caza.

A mastigación

Ao levar á boca e masticar o alimento prodúcese unha abundante secreción de saliva, isto débese a unha acción reflexa conxénita ou incondicionada. A secreción de saliva é unha resposta á estimulación directa das células do gusto ou da mucosa bucal.
A secreción da saliva prodúcese tamén doutra forma. A boca faise auga á vista do alimento ou ao advertir o cheiro e, ata, ante a soa idea da comida, especialmente cando temos fame. Os experimentos de Pavlov demostran que no reino animal existe tamén relación entre os conceptos abstractos e a secreción salival en condutas apresas.

A cantidade de saliva que segrega cada día un home adulto varía, en xeral, entre 1.000 e 1.500 cc. A saliva componse nun
99% de auga, e a exigua cantidade de material disolto nela está constituído, esencialmente, pola mucina, unha sustancia que dá unha determinada viscosidad ao líquido salivar, e por un enzima, a ptialina.


Ecuaciones Logarítmicas. Ejercicios (I)



jueves, 24 de octubre de 2013

Power Point Tema 2 Xeoloxía 4º de ESO

Déixovos o enlace de descarga do Power Point que se traballou na clase ao longo do segundo tema de Xeoloxía en 4º ESO.

Pica nas imaxes para descargalo...

PARTE 1


PARTE 2