jueves, 3 de mayo de 2012
A lámpada de 106 anos
En 1901 acendeuse por primeira vez a lámpada incandescente da estación de bombeiros de Livermore, Califormia. Dende entón, só tivo unha semana de descanso. Esta lámpada, é considerada como a máis antiga e activa existente no mundo.
Esta lámpada foi manufacturada pola Shelby Electric Company para traballar cunha potencia de 4 watts. Ao observar as fotografías, obsérvase que a forma do vidro parece ser feito a man (como seguramente o foron naquel entón) e a forma en que está conectada tamén é algo antiga.
Tal é a fama da "lámpada de Livermore", que instalaron unha webcam, onde se pode seguir en directo o seu continuo funcionamento. Déixovos o enlace da webcam.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario