SLIDER

jueves, 13 de septiembre de 2012

Por que os días da semana teñen a orde que teñen?



A explicación da orde actual dos nomes dos días é mérito de Dio Cassius, un historiador cristián do século III
Segundo Cassius, os astrólogos asignaron as 24 horas de cada día da semana aos sete obxectos celestiais errantes nunha secuencia cíclica.

A primeira hora do primeiro día da semana foi asignada a Saturno e as seguintes a Xúpiter, Marte, o Sol, Venus, Mercurio e a Lúa respectivamente. Así a oitava hora do primeiro día volveu ser asignada a Saturno, e tamén a décimo quinta e a vixésimo segunda. Seguindo o ciclo durante todas as horas e días da semana, as primeiras horas dos días seguintes serían asignadas ao Sol, á Lúa, Marte, Mercurio,Xúpiter e Venus respectivamente.

Polo tanto, cada día da semana recibiu o nome do planeta que tiña asignada a primeira hora. Así, a secuencia dos días quedou en:Saturno, Sol, Lúa, Marte, Mercurio, Xúpiter e Venus, que corresponde aos nosos días sábado, domingo, luns, martes, mércores, xoves e venres. 

E recordade que para os xudeus a semana empeza en sábado, o Shabbat, denominación que provén do nome do planeta Saturno en hebreo, Shabbetai, como se pode ver no Talmud de Babilonia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario