Como presentación do tema déixovos unha reportaxe do programa Redes na que se tratan temas como o feito do curioso que aínda non teñamos unha definición clara de que é a vida.
Ao longo da historia a filosofía, a bioloxía, a física... tentaron atopar aquelas características exclusivas da materia viva, pero continuamos sen unha descrición global satisfactoria para todas as disciplinas. Repasamos as diferentes visións sobre este debate con Lynn Margulis, catedrática do departamento de geociencias da Universidade de Massachussetts e autora dunha prolífica obra de divulgación científica con títulos como "Que é a vida?" entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario