Un equipo de bioenxeneiros do Instituto de Tecnoloxía de California (EE. UU.) creou un nanorobot de ADN cunha man e dous pés: a man serve para recoller moléculas e os dous pés para conducilas ao lugar desexado, paso a paso. O innovador robot está fabricado cunha soa cadea de ADN e é capaz de camiñar de forma autónoma. Unha das súas potenciais aplicacións no futuro podería ser operar no interior do corpo humano. As conclusións foron publicadas na revista Science.
Esta máquina molecular que traballa a escala nanométrica é un pouco lenta polo momento, pois tarda 5 minutos en dar un pequeno paso de 6 nanómetros, pero co tempo os seus creadores esperan poder conseguir acelerar a súa velocidade e mellorar, por tanto, o seu rendemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario