SLIDER

jueves, 8 de febrero de 2018

Falcon Heavy, o foguete de SpaceX fai historia

Colocar un humano en Marte é aínda unha conquista moi afastada, pero desde onte estase un pouco máis preto. SpaceX, a compañía aeroespacial fundada polo empresario Elon Musk, probou con éxito o foguete Falcon Heavy, o de maior potencia e con máis capacidade de carga desde os Saturn V da era Apolo. 
Naquela época, era o Goberno de EE. UU. quen inxectaba miles de millóns de dólares nunha carreira espacial en plena Guerra Fría coa Unión Soviética. 
Agora trátase dunha compañía privada a que pon os cimentos para o futuro da conquista espacial.



No hay comentarios:

Publicar un comentario