SLIDER

miércoles, 3 de octubre de 2018

Katrin, unha ‘báscula’ xigante para a partícula máis pequena


Katrin é un experimento para medir a masa absoluta dos neutrinos, un reto importante porque teñen un papel único en cosmología e física de partículas”, explica Guido Drexlin, director do proxecto. Para lograr este obxectivo, Katrin analiza o espectro enerxético de electróns cuspidos na desintegración beta do tritio, un isótopo radioactivo de hidróxeno. 
Na desintegración beta, un dos neutróns que forman o núcleo de tritio convértese espontaneamente nun protón e libera enerxía na forma dun electrón e un neutrino. O neutrino, rebelde, pérdese para sempre, pero o electrón, se sae con suficiente velocidade, atravesará a cámara sen carga magnetizada para chegar a un detector, o cal permite medir a súa enerxía. A partir deste dato, pódese calcular canta enerxía levou o neutrino. A equivalencia famosa de E= mc2 dá, finalmente, a súa masa.

O experimento arrincou en xuño deste ano, tras un “maratón” de deseño, construción, transporte e acabados. “Eu estiven na primeira reunión da colaboración, ao comezo do século”, lembra Drexlin...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario