SLIDER

martes, 19 de febrero de 2019

Como desmontar os argumentos dos antivacunas

Agora sabemos que as vacinas son inequivocamente boas, pero a medida que se refuta un mito sobre as vacinas, parece que outro toma o seu lugar.

Unha das preocupacións máis comúns nestes momentos por parte dos pais -cando se trata de vacinar aos seus fillos- é a suxestión de que administrarlle ao neno un número múltiple de vacinas, xa sexa ao mesmo tempo ou nun curto período de tempo, pode atafegar o sistema inmunitario. Para un pai que saiba pouco sobre o tema, pode parecer unha preocupación convincente.

O certo é que existe moita investigación que demostra que isto non é certo, e un recente estudo publicado na Revista da Asociación Médica Estadounidens, proporciona máis evidencia aínda que confirma que este extremo. 
A conclusión do traballo é tan tallante como sinxela: Os nenos que reciben múltiples vacinas a unha idade temperá non teñen máis probabilidades de enfermarse en comparación cos nenos que non están vacinados.

"Algúns pais están preocupados de que as vacinas múltiples na primeira infancia puidesen danar o sistema inmunológico dos seus fillos, facéndoos máis susceptibles a futuras infeccións", explica o autor principal Jason Glanz nun comunicado. "Este novo estudo suxire que a teoría de sobrecargar o sistema inmune dun bebé é altamente improbable"...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario