SLIDER

martes, 30 de julio de 2013

Londrés servirá a primeira hamburguesa probeta a un prezo de 289.500 euros


A primeira hamburguesa probeta do mundo servirase en Londres a próxima semana. Está feita de carne fabricada en laboratorio, por científicos da Universidade de Maastricht (Holanda), a partir de células nai de vaca. Os seus desenvolvedores esperan mostrar que a demanda mundial de proteínas "se pode satisfacer sen necesidade de grandes mandas de gando".

Como se crea a hamburguesa?
O proceso de creación desta carne comeza coa obtención de células nai a partir dos músculos da vaca. A continuación, incúbanse nun caldo nutriente ata que se multiplican moitas veces. De aí nace un tecido pegañento coa consistencia dun ovo cocido.

Neste caso, fabricáronse 3.000 tiras de carne de laboratorio que, xunto a unhas 200 pezas de graxa animal -tamén realizada no laboratorio- forman a hamburguesa.

O proceso de creación é aínda moi longo e caro pero... LER MÁIS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario