SLIDER

sábado, 17 de agosto de 2013

Encontran unha lura xigante de case 80 quilos na costa asturiana


O animal foi localizado flotando sobre a superficie do mar a última hora da tarde de onte e trasladado ao porto de Gijón onde se fixo cargo del un equipo da Coordinadora para o Estudo e a Protección das Especies Mariñas (Cepesma).

O cadáver foi trasladado ao Museo da Lura Xigante que esta organización ten na localidade de Luarca, onde foi conxelado para realizarlle a necropsia nas próximas semanas e determinar as causas. 
Segundo indicou a Efe o responsable de Cepesma, Luis Laria, o exemplar non está completo e presenta varias mordedelas que poderían estar na orixe da súa morte e podería alcanzar unha lonxitude de ata nove metros cos seus oitos brazos e dous tentáculos estendidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario