SLIDER

jueves, 29 de agosto de 2013

O experimento mais longo do mundo

Científicos e curiosos de todo o planeta están pendentes de que caia unha gota de brea, a novena dende hai 83 anos, nunha proba científica vixiada por cámaras en directo.



O experimento da gota de brea foi iniciado en 1927 polo profesor de Física Thomas Parnell (falecido onte), da Universidade de Queensland (Brisbane, Australia), para demostrar aos seus alumnos que os materiais máis ordinarios poden exhibir algunhas propiedades sorprendentes. 
Ocorreuselle verter unha mostra de brea moi quente nun funil co colo selado. Así o deixou durante tres anos, ata que cortou o colo do funil para que a brea fluíse cara a abaixo. 
A brea é un líquido moi viscoso, 100.000 millóns máis que a auga, tanto que parece sólido. A temperatura ambiente, flúe moi devagar e lévalle varios anos formar unha soa gota.


As gotas de brea
Decembro 1938- Primeira gota
Febreiro 1947- Segunda gota
Abril 1954- Terza gota
Maio 1962- Cuarta gota
Agosto 1970- Quinta gota
Abril 1979- Sexta gota
Xullo 1988- Séptima gota
Novembro 2000- Oitava gota

No hay comentarios:

Publicar un comentario