SLIDER

martes, 2 de febrero de 2016

Nanotubos para facer análises de sangue e urina


O emprego dos nanotubos de carbono como material adsorbente para a determinación de metais centra a temática da tese de doutoramento que vén de presentar a enxeñeira agrónoma Jennifer Álvarez Méndez na Facultade de Ciencias do campus de Lugo. 
Esta investigación de doutoramento, que posibilitou a publicación de cinco artigos en revistas internacionais de elevado prestixio dentro da área de Química Analítica, está dirixida polas polas profesoras do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC, Julia Barciela García,Sagrario García Martín e Rosa María Peña Crecente, e ofrece unha visión xeral das tendencias no uso dos nanotubos de carbono como material adsorbente para a determinación de especies metálicas en mostras ambientais, biolóxicas e alimentarias.

Os nanotubos de carbono (CNTs) xogan un papel importante en nanotecnoloxía debido á influencia en distintas áreas como a enxeñaría, a química, a bioloxía, a medicina, a electrónica ou a ciencia dos materiais. A nanotecnoloxíaencárgase do estudo de materiais de moi pequenas dimensións que van desde algúns centos a uns cuantos nanómetros. 
Para comprender o seu potencial é clave saber que as propiedades físicas e químicas da materia cambian a escala nanométrica. A condutividade eléctrica, a calor, a resistencia, a elasticidade ou a reactividade (entre outras propiedades) compórtanse de maneira diferente nos mesmos elementos a maior escala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario