SLIDER

domingo, 7 de febrero de 2016

O experimento das moscas mutantes que dura 60 anos


Este é un deses experimentos científicos que resultan tan fascinantes porque se prolongan moito no tempo e afectan a máis de mil xeracións... De moscas, claro. 
O 11 de novembro de 1954, o investigador Syuiti Mori apagou as luces do seu laboratorio a un pequeno grupo de moscas da froita (Drosophila melanogaster). Desde entón, mantivéronse en constante escuridade. 62 anos despois, os descendentes deses insectos están perfectamente adaptados á vida sen luz. A variedade, coñecida como «moscas da escuridade», arránxallas moito mellor que os seus curmáns silvestres cando viven xuntos ás escuras. Esta diferenza competitiva ha permitido a un equipo de investigadores xaponeses identificar as rexións xenómicas que contribúen á adaptación desta mosca á penumbra.

O experimento da mosca da escuridade é o máis longo sobre a evolución no que os científicos seguen unha poboación ao longo de moitas xeracións. Tamén é o primeiro que analiza a evolución do xenoma nun organismo multicelular adaptado a unha condición definida en laboratorio.

Para mantelas lonxe da luz, as moscas criáronse en viarias gardados nunha vasilla grande co interior pintado de negro e cuberta cunha tea. Cando os viarios e os alimentos debían ser cambiados, os investigadores mantiñan ás moscas na escuridade total, e utilizaban unha luz vermella débil para comprobar o seu traballo. As moscas da froita non poden ver esta luz, porque a especie carece das proteínas receptoras de luz que absorben lonxitudes de onda vermella.

No hay comentarios:

Publicar un comentario