SLIDER

martes, 27 de septiembre de 2016

A Teoría Endosimbiótica


A teoría endosimbiótica, proposta pola bióloga estadounidense Lynn Margulis, é unha das máis interesantes e posiblemente máis controvertidas da bioloxía. Aínda que xa pasaron uns cuantos anos de ser postulada, neste tempo foron aumentando tanto os argumentos ao seu favor como en contra, de maneira que é aínda un dos grandes desafíos para a comunidade científica, en especial dos estudos evolutivos.



Esta teoría expón esencialmente que algúns dos orgánulos das células eucariotas (todas as células excepto as bacterianas), en particular as mitocondrias e os plastos, foron no seu momento organismos procariontes de vida libre (bacterias) que probablemente tras ser englobados ou fagocitados, non foron dixeridos e pola contra, axustáronse de tal maneira que estableceron unha relación dependente coa célula que os "devorou".




No hay comentarios:

Publicar un comentario