Viven nas achicharrantes areas do deserto do Sahara, e camiñan en busca de cadáveres de arañas e de insectos incautos. Trátase das formigas bicolores do deserto, do xénero Cataglyphis, unhas hábiles criaturas para as que a orientación é claramente unha cuestión de superviviencia: só grazas a ela poden atopar o fresco e sombrío niño no medio dese inferno.
Pero, como o fan? Desde hai tempo sábese que estas e outras formigas oriéntanse de modo similar a como facían Hansel e Gretel. Se estes personaxes tiraban faragullas de pan para seguir o rastro, elas contan o número de pasos que percorreron para calcular distancias. Pero nun estudo publicado en «Science» este xoves, os investigadores descubriron que as Cataglyphis teñen un as na manga: son capaces de usar a vista para usar os obxectos como referencia e determinar a distancia percorrida.
Tal como concluíron Sarah Elisabeth Pfeffer e Matthias Wittlinger, do Instituto de Optometría da Universidade de Ulm, Alemaña, estas formigas son capaces de confiar só na súa visión para atopar o camiño a casa. Fano a través dun mecanismo coñecido como «corrente óptica», e que xa fora demostrado noutros insectos pero que se pensaba que non estaba moi presente en formigas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario