Podemos resumir o concepto moderno de teoría celular nos seguintes principios:
- Todos os seres vivos están formados por células ou polos seus produtos de secreción.
A célula é a unidade anatómica da materia viva, e unha célula pode ser suficiente para constituír un organismo. - Todas as células proceden de células preexistentes, por división destas.
- As funcións vitais dos organismos ocorren dentro das células, ou no seu contorno inmediato, controladas por substancias que elas segregan.
Cada célula é un sistema aberto, que intercambia materia e enerxía co seu medio. Nunha célula caben todas as funcións vitais, de maneira que basta unha célula para ter un ser vivo (que será un ser vivo unicelular). Así pois, a célula é a unidade fisiolóxica da vida. - Cada célula contén toda a información hereditaria necesaria para o control do seu propio ciclo e do desenvolvemento e o funcionamento dun organismo da súa especie, así como para a transmisión desta información á seguinte xeración celular. Así que a célula tamén é a unidade xenética.
No hay comentarios:
Publicar un comentario