Había expectación na comunidade científica ante unha nova convocatoria da NASA. A axencia espacial de EEUU anunciou a pasada semana que este luns informaría dos últimos achados realizados en Europa, a lúa de Xúpiter que se converteu nun dos obxectos do Sistema Solar con máis posibilidades de albergar vida.
E segundo relataron os seus científicos hoxe, agora puideron ver o que parecen ser plumas ou masas de vapor de auga de ata 200 quilómetros emerxendo da súa superficie. "Se estas plumas existen realmente, poderían supoñer outra forma de tomar mostras do que hai baixo a superficie de Europa", declarou Geoff Yoder, un dos responsables científicos da NASA. É dicir, con estes géiseres poderían determinar sen necesidade de facer perforacións na superficie de Europa se existe o gran océano subterráneo que cren que alberga.Se se confirma a existencia destas plumas, Europa sería a segunda lúa do Sistema Solar que alberga plumas de vapor de auga. En 2005, a sonda Cassini observounas en Encélado, unha lúa de Saturno.
Hai outro aspecto que fai de Europa uno dos mellores candidatos para albergar vida no Sistema Solar: "O bo que teñen Europa e Encélado en comparación con outras lúas é que a auga líquida dos seus océanos subterráneos está en contacto coa capa de roca que habería por baixo desa masa de auga. Serían silicatos como os da nosa cortiza terrestre, pero en Europa estarían no interior. E se hai interacción química entre a auga líquida e a roca, esta pode proporcionar elementos que sirvan para a vida. Os esenciais son o carbono, o hidróxeno, o osixeno, o xofre e o fósforo. Despois, hai outros elementos, metais que son tamén necesarios para producir enerxía que poida ser utilizada polos organismos. E todos eses elementos poden provir desa roca", relata a científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario