SLIDER

sábado, 21 de diciembre de 2013

Que di a ciencia sobre os regalos de Nadal?


Por que é importante facer regalos? Como saber que comprarlle a outra persoa? É correcto regalarlle a outra persoa o que che regalaron a ti? 
A estas e outras preguntas intentaron responder sociólogos das universidades máis prestixiosas do mundo.

Aínda que soe curioso, é totalmente certo e varios experimentos demostrárono. 

Unha investigación da Universidade de Virxinia demostrou que ao exercer este xesto de xenerosidade, o cerebro activa áreas relacionadas co benestar en maior medida que cando recibimos unha atención. Os expertos concluíron que ao facer un regalo melloramos a nosa autoestima e autopercepción.

Por outra parte, un estudo conducido por científicos da Universidade de California indicou que non só nos gusta ver un sorriso no rostro dos nosos afectos, senón que gozamos de ser xenerosos mesmo con quen non coñecemos moito nin temos a certeza de que volvamos ver. Segundo o académico Andrew Delton, isto podería significar que os regalos non son unha pura resposta á presión social que indica que debemos quedar ben cos demais aínda que sexa por compromiso.

De acordo a unha investigación realizada pola Universidade de Duke, o gran desafío á hora de comprar o regalo perfecto é lograr entrar na mente doutra persoa e pensar que é o que realmente necesita ou desexa. Non obstante, está demostrado que ver o mundo dende outra perspectiva é unha habilidade difícil de lograr, xa que adoitamos a miúdo ser prisioneiros das nosas propias preferencias, aínda que non o fagamos de xeito consciente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario